Xesús González recolle a a historia do surrealismo nun dicionario

Os 1.500 exemplares poñeranse á venda o vindeiro xoves

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Máis de duascentas entradas e dezasete anos de traballo compilando material sobre o surrealismo. Este é o balance de Diccionario do surrealismo e surrealistas (A Nosa Terra), unha publicación que fai un percorrido pola historia do movimento desde os seus antecedentes, como o dadaismo, ata os diferentes grupos surrealistas que quedan a día de hoxe. O autor, Xesús González Ferro, explicou que recolle unha visión persoal de toda unha vida dedicada ao estudo desta cuestión e só engloba a aqueles que “entenderon o surrealismo, non como unha técnica creativa, senón como unha cosmovisión do mundo”. Por iso, no dicionario, alén dunha entrada sobre o surrealismo en Gailcia, só aparece Eugenio Granell ao entender que “nin Maruja Mallo, nin Urbano Lugrís foron realmente surralistas”. A publicación, que se pon á venda o vindeiro xoves, terá un custe de 28 euros.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Urbano Lugrís, Maruja Mallo, A Nosa Terra...