Publicar nos anos 20

O Concello de Sada publica na rede a revista Mariñana

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Publicar nos anos 20

Se a día de hoxe é difícil manter unha publicación periódica en Galicia, cabe pensar ata que punto isto puido ser aínda máis complexo a comezos do século XX. Entre 1925 e 1926 viron a luz en Sada 26 números da revista quincenal Mariñana. Nas páxinas desta publicación atopamos nomes tan destacados coma Lugrís Freire ou Antón Vilar Ponte entre outros. Artigos de costumes, novas, fotografías e debuxos da Galicia de entón, pequenas pezas de creación literaria e mesmo anuncios fan desta cabeceira unha obra de grande interese para curiosos e investigadores dos nosos días. Agora, no web do Concello de Sada, podemos acceder en formato PDF á única colección completa que se conserva desta curiosa iniciativa. Manuel Pérez Lorenzo, investigador da prensa local desta localidade, fálanos sobre a publicación e o seu contexto social.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un lóstrego informativo

Un lóstrego informativo

O Consello da Cultura Galega dixitaliza a colección completa de Teima, a primeira publicación periódica en galego trala morte de Franco

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Sada, Manuel Pérez Lorenzo, Antón Vilar Ponte

Claves

Entidades
Lugares