A Bienal de Pontevedra comeza a súa XXXI edición en ARCO

O encontro levará por título Ut(r)ópicos

8/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Xa se coñece a temática, as datas e o comisario (Rafael Olmos) dunha nova edición da XXXI Bienal de Pontevedra. Sen embargo, a presentación terá lugar o vindeiro 18 de febreiro en Madrid. No marco da feira de galerías máis importante do estado, ARCO, a deputación presentará unha bienal que este ano se titula Ut(r)ópicos para inicidir na importancia e na diversidade de centroamérica e o Caribe. En canto á organización da Bienal, contará con sete microexposicións que se complementan con internvencións artísticas, conferencias e outras actividades que se desenvolverán entre Vigo, Vilagarcía e Pontevedra.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ARCO, Pontevedra, Feira, Vilagarcía...