A Bienal de Pontevedra achegará contidos a Vigo e Vilagarcía

A edición 2010 centrarase nos países de Centroamérica

18/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Por vez primeira, Vigo acollerá unha das instalacións artísticas da Bienal de Arte de Pontevedra. Santiago Olmo será o responsable de comisariar o evento, que na súa XXXI Edición estará centrada nos países de Centroamérica e do Caribe co título de Ut(r)opicos. Na presentación do proxecto, que se realizou o pasado sábado, explicouse tamén que a Zona Portuaria de Vilagarcía acollerá unha montaxe. Na Cidade do Lérez será o Museo de Pontevedra o que albergará o groso das mostras, cunha superficie total de 10.500 metros cadrados. A cita artellarase en exposicións coma Traxectos de ida e volta, Migracións ou Tres mulleres, tres memorias.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Santiago Olmo...