A arte de centroamérica protagoniza a vindeira Bienal de Pontevedra

O encontro comezará o vindeiro mes de xuño, un mes antes do habitual

19/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A edición XXXI da Bienal Internacional de Arte de Pontevedra centrarase nos creadores de Centroamérica e do Caribe. Así o aseguraba o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o pasado venres na presentación do evento. Desta volta, o programa iniciarase en xuño de 2010, un mes antes do habitual, para se integrar na programación do Xacobeo, mentres que o feche se mantén para o mes de setembro. Outra novidade é que as mostras na Cidade do Lérez concentraranse no Museo de Pontevedra e que haberá exposicións en Vigo e Vilagarcía. Diego Olmos será o responsable de comisariar esta edición.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Exposicións, Xacobeo, Deputación de Pontevedra...