Preto do 10% do Produto Interior Bruto de Galicia depende, directa ou indirectamente, do turismo. Dentro deste sector, o atractivo do turismo cultural está a se revelar coma un dos ámbitos cun maior potencial de crecemento. O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega presenta o seu informe a analizar polo miúdo esta realidade tan importante para a nosa cultura.
Na actualidade nada menos que 1.424 millóns de euros, un 2,5% do noso PIB, procede de xeito directo ou indirecto do turismo cultural. En 2001, fixéronse 307.096 viaxes ao noso paÃs por motivos culturais. Sete anos despois, a cifra incrementábase ata os 550.091 viaxes, con picos intermedios mesmo superiores (645.294 viaxes en 2006). As cifras revelan un crecemento moi destacado deste ámbito, superior ao 100% no perÃodo estudado que, segundo HÃ¥kan Casares, responsable do Observatorio da Cultura, “o potencial desta industria é do máis importante que temos no paÃs”. A apoiar esta apreciación están datos coma o grande incremento turistas fronte aos excursionistas e o maior número de visitantes americanos e europeos, que paran máis tempo. “Desde o ano santo de 2004 as entradas de viaxeiros estranxeiros incrementáronse nun 296%”, conclúe Casares.
Gráfico: Nº de viaxes con destino a Galicia por motivos culturais en 2008
Cifras
Os datos dos últimos sete anos sinalan que só o 7% dos visitantes que veñen ao noso paÃs desde España viaxan exclusivamente por motivos culturais, mentres que ata o 18% dos que veñen exclusivamente por razóns de ocio teñen os mesmo motivos. Estes últimos foron en 2008 nada menos de 550.000 viaxeiros españois e 500.000 estranxeiros. Ao tempo, arredor do 70% das persoas que visitan o noso paÃs desenvolven algún tipo de actividade cultural durante a súa estancia. A nivel de reparto territorial, continúa a se ver unha forte desequilibrio entre as provincias da Coruña e Pontevedra por unha banda e mais Lugo e Ourense pola outra. “Esta situación, no entanto, semella máis unha oportunidade do que un problema. O turista cultural ten interese por uns polos de atracción diferentes do convencional, sobre todo patrimonial e paisaxÃstia, e nestas provincias abondan”, lembra Casares.
Gráfico: Nº total de viaxeiros internacionais que chegaron a Galicia en 2008
O perfil do turista
Unha cifra que sorprende nos datos do turismo cultural galego é a alta cantidade de visitantes que chegan ao noso paÃs empregando como medio de transporte o seu propio automóbil. Malia a que o dato pode sorprender no caso dos visitantes estranxeiros, o misterio aclárase ao saber que a maior parte destes veñen de Portugal (un 81,5% do total). Por idades, a maior parte dos visitantes están entre os 45 e os 64 anos, casados, cunha pequena maiorÃa de mulleres e paran unha media de entre 2 e 3 noites nalgún establecemento hoteleiro. Outro dato importante é que a maiorÃa dos visitantes non veñen facendo parte de paquete turÃstico ningún, o que pode amosar unha interesante posibilidade de crecemento. Malia a que a fidelización de destino non é moi ampla, unha cuarta parte dos que nos visitaron en 2008 xa estivera no paÃs con anterioridade. Ademais, a valoración media da estadÃa é moi positiva e ao longo dos últimos rolda o 8,5 sobre 10.
Gráfico: Gasto medio diario dos viaxeiros non residentes do resto de España e do extranxeiro que visitaron Galicia (*). :
A pegada xacobea
A importancia das peregrinación no sector non é desdeñable, e desde 1990 detéctase un incremento cada vez maior no número de persoas que fan algunha das rutas xacobeas, con picos verdadeiramente destacados nos anos santos. Os máis de 120.000 camiñantes recibidos en 2008 prometen incrementar significativamente este ano. Dáse, ao tempo, un importante efecto atractor destas celebracións de cara ao turismo cultural en xeral que se deixa sentir tamén nos anos posteriores a cada Xacobeo, especialmente entre os visitantes de fóra de España.
Gráfico: Evolución das visitas de peregrinos a Galicia. Anos 1990-2008