O Parlamento quere que se restaure o Pórtico do Paraíso

O conxunto está instalado na catedral de Ourense

5/2/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio

A Comisión Cuarta do Parlamento Galego, centrada no ámbito da Cultura, acordou onte demandarlle á Xunta que inicie de xeito inmediato obras para rehabilitar a catedral de Ourense, e máis concretamente o Pórtico do Paraíso. O anterior equipo de Cultura consignara xa unha partida de 250.000 euros para este fin, sen que ata o de agora se iniciasen as actuacións.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ourense, Parlamento de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares