Por vez primeira, un informe especÃfico analiza a importancia da cultura dentro da economÃa do noso paÃs e as particularidades das empresas do sector. Froito da colaboración entre a Zona Franca de Vigo e mais o Consello da Cultura Galega, O sistema produtivo da cultura en Galicia: unha visión económica amósanos un sector dinámico e con altas posibilidades de desenvolvemento, que supón nada menos que o 1,9% do noso Produto Interior Bruto.
O Servizo de Información Ardán é unha proxecto que depende da Zona Franca de Vigo e que recolle información económica de preto de 20.000 empresas do noso paÃs nunha base de datos. É a partir destes datos que o Observatorio da Cultura, dependente do Consello da Cultura, analizou unha mostra de entre 700 e 900 firmas do que se pode considerar Industria Cultural. Neste sentido, os responsables do proxecto clasificaron o ámbito das empresas en creación artÃstica e cultural; a produción de bens e servizos culturais; a fabricación de bens culturais; a distribución e as actividades auxiliares. Os datos analizados corresponden ao perÃodo 2005-2007. Segundo explica HÃ¥kan Casares, coordinador do Observatorio da Cultura, “é a primeira vez que se fai unha análise deste material definindo un sistema produtivo como é o da cultura”. Esta definición non é sinxela xa que “entre un fabricante de MP3, unha librarÃa detallista ou unha grande editora de xornais hai moitas diferenzas”. Deste xeito, o informe presta atención a actividades tan materiais coma a fabiraciónd e tinta ou de papel, pasando polo traballo de bibliotecas ata chegar mesmo a traballos coma “creación de interpretación artÃstica e literaria”.
Táboa clasificación de actividades
O peso da cultura
De xeito xeral, as industrias culturais supoñen o 1,9% do Produto Interior Bruto do PaÃs. A cifra pode parecer baixa, pero está, por exemplo, por riba de sectores tradicionalmente destacados coma a Pesca (1,8%) ou o téxtil e a confección (1,2%). A nivel de emprego, a importancia destas industrias é aÃnda maior, xa que supuñan en 2008 e segundo os datos do Instituto Nacional de EstatÃstica, o 2,2% de todos os postos de traballo do paÃs. A nivel de consumo o gasto cultural dos consumidores foi en 2007 de 802,9 millóns de euros, sendo o apartado máis destacado o de tratamento da información e Internet, con 192,1 millóns.
A evolución
“Falamos dun sistema produtivo que xera bastante valor engadido, tamén a nivel de intanxibles. É dicir, a Industria Cultural traslada parte do seu coñecemento e capacidade creativa ao resto do sistema cultural”, sinala Casares como unha das peculiaridades máis destacadas do sector. “En xeral, as evolucións económicas, e sobre todo as financeiras vense ben. As taxas de crecemento e de xeración de ingresos son superiores á media das empresas galegas”, explica. De feito, o ámbito presenta un custo por empregado inferior a outros ámbitos económicos, ao tempo que a produtividade é en xeral meaior, o que supón unha importante rendibilidade.
Táboa e gráfico: Taxas de variación
Cuestións de tamaño
Como é sabido, non abondan as grandes empresas de carácter cultural no noso paÃs. O sector está amplamente dominado por microempresas e por pequenas empresas, que supoñen en conxunto o 97,10% das firmas neste ámbito e que achegan o 95,53% dos ingresos de explotación. “A industria está bastante atomizada. Son pequenas empresas que xeran moito emprego e que teñen os seus compoñentes positivos a nivel de flexibilidade ou adaptación. Ao tempo, tamén teñen os problemas tÃpicos das firmas deste tamaño, especialmente no que se refire a contar con financiamento e a se expandir.
Actividades
Por sectores, Casares destaca o da edición. “Compórtase ben e tivo evolucións moi interesantes, asà como moitos empregados”, explica. Este ámbito supuña, en 2007 o 9% das empresas culturais, que achegan o 19% dos ingresos brutos e o 20% do valor engadido bruto deste sistema. No entanto, o audiovisual, sendo o 7% das empresas, achega unicamente o 6,25% dos ingresos e o 10% do valor engadido, tirando destas cifras as que corresponden á TVG e mais ao circuÃto de exhibición. AÃnda destaca o responsable do Observatorio da Cultura o ámbito da Creación ArtÃstica e Cultural. “Ten un peso moi pequeno no conxunto, pero amosa unha evolucións moi interesante. Semella que medra a grande velocidade”.
Táboa: Sectores do sistema produtivo
A resumir a evolución deste ámbito, Casares salienta a xa mentada capacidade de xerar valor engadido desta indutria. “Se os ingresos de explotaicón eran pouco máis do 1,5% dos que tiña o conxunto do sistema produtivo galego, o valor engadido bruto que se xeraba en 2007 era do 1,76%, e iso é moi bo”. Ademais, a Cultura é o cuarto sector que máis mellora a súa taxa de ingresos de explotación, o que supón un dinamismo importante. No entanto, rendibilidade económica non medra á mesma velocidade que noutros ámbitos. En xeral “falamos dun sector que se move perfectamente entre outros da nosa economÃa, á luz dos datos destes anos”, conclúe este investigador.