El Patito editará en galego Le manoir des murmures

Anuncian tamén a publicación dun volume coa serie North Wind

O primeiro volume de Le manoir des murmures, a serie de BD que debuxa Tirso Cons e que colorea Javi Montes para o mercado francés, sairá en galego. Segundo publica Cons no seu blog, El Patito Editorial adquiriu os dereitos da obra para a nosa lingua, e prepublicará a mesma na revista Galimatías. Ademais, para primavera está prevista a edición americana, en seis partes. Deste xeito, o volume sumará media ducia de versións, xa que ás devanditas versións súmanse a francesa, a italiana, a española e a alemá, estas tres últimas tamén pendentes de publicación. Do mesmo xeito, a editora anuncia para febreiro publicación en galego e en castelán dun volume coa serie North Wind. Esta obra, que debuxou Alex Cal para a firma estadounidense Boom! Studios, tamén foi prepublicada na revista Galimatías.