A Academia do Audiovisual fai pública a listaxe de candidatos definitivos aos Mestre Mateo

Os académicos deberán votar agora para escoller os finalistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

101 producións audiovisuais compiten entre si para converterse nos mellores traballos de 2009. A Academia Galega do Audiovisual acaba de facer pública na súa web os candidatos definitivos que optan aos premios Mestre Mateo 09. Galadas, Un bo home, Cela 211, O club da Calceta, Conexión, O Nordés e Matalobos son as producións que optan a maior número de categorías. O seguinte paso na selección dos traballos finalistas terá lugar durante a primeira semana de febreiro co envío dos traballos en dvd a tódolos socios da Academia, e continuará na segunda semana de febreiro co envío das papeletas para verter os seus votos.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con DVD, Nordés, Premios Mestre Mateo, Academia Galega do Audiovisual...