Nada en Suíza, Sandra Garrido contactou por vez primeira co mundo dos curandeiros nunha viaxe visitando a terra do seus pais. A cuestión interesoulle e a partir dela realizou un traballo fotográfico chamado Contos galegos no que retrata un feixe destes coñecedores das nosas tradicións canda a visións da paisaxe do país. O resultado valeulle un premio do xurado na Escola de Fotografía de Vevey e poderá verse ao longo de 2010 nunha galería do país helvético. A autora explícanos máis polo miúdo a historia destas imaxes.



