Casares en teatrodifusión

O proxecto Toromelos achega as obras de Carlos Casares ás táboas

30/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Imaxe de Lela anda en bicicleta

Achegar aos máis pequenos o universo de Carlos Casares e mais ofertar unha proposta escénica en galego para estas idades. Estes son os obxectivos do Proxecto Toromelos, unha iniciativa nada da fundación que leva o nome do escritor, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Precisamente este último organismo é o responsable da posta en escena de Lela anda en bicicleta, a obra de teatro que dá comezo a esta iniciativa e que se poderá ver en diferentes localidades do noso país. Gustavo A. Garrido, director da fundación, explícanos polo miúdo esta iniciativa, que ten visos de continuar nos vindeiros anos.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Carlos Casares, Gustavo A. Garrido, Política Lingüística...