Nace unha plataforma a prol do Camiño Primitivo

Unha ducia de colectivos solicitaranlle á Xunta que acelere a declaración da rota como BIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Presionar para que o Camiño Primitivo a Santiago sexa declarado BIC antes de que remate este ano, e introducir a súa protección na axenda política galega. Este é un dos principais obxectivos cos que constituía esta fin de semana unha plataforma que reúne a preto de doce colectivos. ADEGA, Lugopatrimonio, Plataforma en defensa do Alto Ulla ou Amigos do Camiño Primitivo son algunhas das entidades implicadas no proxecto. A nova plataforma denuncia que "a vía primitiva está baixo o total desleixo, innumerables ameazas, presións e agresións que son desatendidas pola Administración" e sinala que lle pedirán ao Concello de Lugo que se implique con esta vía.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O futuro do Primitivo

O futuro do Primitivo

O Camiño Primitivo é unha das vías Xacobeas con máis eivas e máis posibilidades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Primitivo, ADEGA, Concello de Lugo, Ulla...

Claves

Protagonistas
Lugares