Manuel Olveira nega que o CGAC ficara con débedas en 2009

Asegura que cando se foi do centro ficaba toda a partida de compras intacta

18/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A polémica cultural da semana continúa. O venres pasado o Conselleiro do Cultura e o director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) informaban dunha "débeda de 400.000 euros" por adquisicións de arte realizadas polo anterior director, Manuel Olveira, a resposta deste non tardou en chegar. O sábado, Olveira "desmentiu" que ficaran débedas trala súa xestión á fronte do centro de arte -durante o anterior goberno bipartito-, xa que estas "e deberían ter sido pagadas coa partida de 600.000 euros que estaban destinados no orzamento do 2009 para a compra de obras para a colección". O ex-director do CGAC informou que na última reunión do Padroado da institución, o xerente do CGAC presentou un informe económico "no que se pode comprobar a pequena cantidade do orzamento que fora gastada nesa data".

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Olveira, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)