É a primeira vez na historia do Centro Galego de Arte Contemporánea que a Comisión Superior de Bens Culturais, entidade con carácter consultivo convocada pola Direción Xeral de Patrimonio, solicita información adicional no proceso rutinario de compra de obra. Foi na xuntanza habitual que ten a Comisión despois de ARCO (a feira de arte contemporánea coa que o CGAC ten un compromiso de adquisición), na que se presenta o listado de compras anuais. Nesta ocasión, a dirección do centro presentaba obras por importe de 500.000 euros (cifra máis baixa que no ano anterior, cando superou os 600.000 euros) que quedou sen aprobar á espera de solicitar novos informes. A decisión da comisión, que se volverá reunir en breve, ten carácter consultivo, sendo a Dirección Xeral de Patrimonio a que ten a última palabra no proceso de compra.
O proceso de compras de obra do CGAC foi seguido moi de preto polo xornal ABC que, nunha serie de reportaxes, chegou a acusar a Olveira de “promover e subvencionar os seus amigos”. Un feito que fixo que a Asociación de Directores de Arte Contemporánea de España (Adace) emitira un comunicado no que aclara os procedementos habituais de traballo dos museos ademais de defender a xestión desenvolvida por Manuel Olveira.