Estes dÃas saÃa á luz un feito insólito no proceso de compra do Centro Galego de Arte Contemporáneo. A Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais solicitaba información adicional dalgunhas obras que farán parte da colección do centro. Era a primeira vez que sucedÃa nesta institución, que segue uns estritos protocolos de actuación. Un feito compartido polas principais coleccións de arte do paÃs.
Se sumamos as coleccións do CGAC, a da Xunta de Galicia, a do Consello de Contas, máis as da Fundación Caixa Galicia e a Obra Social Caixanova, temos arredor de nove mil obras de arte entre as que destacan obras de Picasso, DalÃ, Miró, Laxeiro, Maruja Mallo, Alberto Datas, LuÃs SeoaneÂ…. e tantos outros. Son coleccións de arte públicas e semipúblicas (o sistema xurÃdico que regula as fundacións dependentes das Caixas de Aforros dálle este carácter) e falamos cos seus responsables que nos explican os protocolos a seguir nos procesos de compra.
Un proceso fiscalizado
Unha norma común a todas as coleccións de arte consultadas por este medio é que se trata dun proceso fiscalizado, perfectamente planificado e debidamente documentado en todas as súas fases. Todas as propostas de compra de todas as entidades están debidamente xustificadas no marco da colección na que se pretende inserir con informes internos (do propio equipo de traballo) e externos (asesores independentes que manteñen no anonimato para evitar presións ou influencias), antes de ser aprobados polos departamentos de contabilidade que son os encargados de autorizar o gasto.
Desde o gabinete de prensa do CGAC se nos explica que o seu paso segue un protocolo rutinario e moi estandarizado. O proceso de compra inÃciase polo director que, con informes elaborados tanto polo propio equipo interno do CGAC como por asesores externos de carácter independente, eleva unha proposta definitiva á Comisión Superior de Bens Culturais. Unha entidade convocada pola Dirección Xeral de Patrimonio que está composta desde hai anos polo mesmo grupo de profesionais e expertos. Esta comisión ten un carácter meramente consultivo, o que quere dicir que só pronuncia o seu parecer no proceso de compra. Unha vez que establece o seu veredicto, o proceso pasa a mans da Dirección Xeral de Patrimonio que é a que ten a decisión final de compra. Estes dous últimos pasos (o da Comisión Superior de Bens Culturais e o da Dirección Xeral de Patrimonio) son compartidos por todos os museos de titularidade autonómica que hai no paÃs, asà como pola “Colección Xunta de Galicia”. A diferenza entre esas coleccións é que o órgano encargado de establecer o listado de compra. No caso da Colección Xunta de Galicia, como nos explican desde o gabinete de prensa da ConsellarÃa de Cultura, o listado de obra ou obras a comprar o establece cada departamento do goberno galego. É dicir, tanto a ConsellarÃa de Medio Ambiente, como PolÃtica Territorial ou calquera outra poden facer as súas propostas de compra de obra para a Colección Xunta que logo pasan a estar fisicamente na súas dependencias, ou no lugar que os propios departamentos establezan. En todo caso, é o deparatmento de Patrimonio (que se encarga dos bens mobles e de todo o material propiedade do goberno) da ConsellarÃa de EconomÃa a que establece se hai fondos para as partidas que integran a chamada Colección Xunta.
Polo demais, e dentro das coleccións públicas figura a do Consello de Contas nacida para difundir a arte galega e albergada nas propias dependencias deste organismo. Non é unha colección moi ampla, pero destaca pola súa singularidade e porque está centrada na obra de artistas xurdidos a partir do movimento Atlántica. Francisco Constenla, conselleiro do Consello de Contas, explica que é un proceso fiscalizado e asesorado. “Unha parte do orzamento anual se destina a compras deste tipo que están asesoradas por unha galerÃa santiaguesa tendo en conta criterios profesionais” asegura Constenla. Segundo explica, ábrese o expediente, faise unha valoración e control das obras seleccionadas e achéganse informes de expertos que son os encargados de valorar a proposta para logo ser elevada ao pleno co obxecto da súa aprobación definitiva.
No caso das coleccións de arte creadas ao abeiro das caixas de aforros, os procesos son tamén estandarizados. Rosario Sarmiento, subdirectora da Fundación Caixa Galicia, explica que “as propostas teñen unha primeira revisión por parte da propia fundación; logo pÃdense valoracións externas de crÃticos e especialistas neses artistas polos prezos que se nos ofertan no mercado. E logo volve á fundación para unha valoración interna e final”. Nas coleccións das entidades financeiras contan con orzamentos anuais destinados a compras que, como asegura Paloma Vela, responsable de exposicións de Caixanova, non se teñen porque executar se non hai obra de interese. Agora, en plena crise financeira, estes departamentos están á espera de aprobar os seus orzamentos. Mentres Caixa Galicia está a traballar cos fondos actuais no marco do proxecto expositivo “Miradas”, Caixanova está pendente da aprobación anual do orzamento para compras.
Os criterios de selección
Outra cousa na que coinciden as coleccións de arte do paÃs, é na polÃtica de adquisicións a seguir. Exactamente igual que o proceso é estandarizado e rigoroso no seu protocolo, as compras pasan por estar xustificadas no contexto da colección. Rosario Sarmiento explica que as obras a mercar anualmente dependen de moitos factores “das obras que se vaian presentando, da nosa capacidade económica porque canto máis se acode ao mercado internacional, máis elevado é o prezo”.En todo caso, desde a Fundación Caixa Galicia sempre se buscan pezas que sexan representativas para a colección. Inaugurada en 1996 comezou cunha primeira intención de crear unha gran base de artistas galegos do século XX. “A medida que se foron consolidando os artistas, a nosa vocación, explica Rosario, foi buscar esas referencias tanto en España como no ámbito internacional”. Foi asà como chegaron ao búnker que a entidade ten na Coruña obra de artistas de referencia española como Barceló, Jaume Plensa, Picasso e obras de carácter internacional como Kandinski.
A colección de arte de Caixanova é anterior á da Fundación Caixa Galicia. Naceu na década dos sesenta cun obxectivo que aÃnda se mantén inamovible. Paloma Vela, responsable de exposicións da entidade, explica que pretenden “difundir a riqueza cultural e crear unha colección de arte galego que sirva para estudosos e para nós, para valorar a historia da arte galega”. E nese camiño levan catro décadas, na procura, compra e difusión da arte producida polos artistas do paÃs desde o século XIX. A obra máis antiga é de 1848 e desde esa ata, a máis actual contan cun total de 5.120 obras. A diferenza da Fundación Caixa Galicia, Caixanova non conta cun único espazo de almacenaxe de obras, senón que no seu modelo de achegar a arte galega ao público optou por un sistema no que son as propias sucursais das entidades financeiras as que albergan obra, ademais do seu museo (duns mil metros cadrados) que está situado en Vigo. En todo caso, nada é gratuÃto no proceso de xestión e de compra de obras, todo fai parte dun proceso definido e estudado por parte dos responsables das diferentes coleccións.