O CGAC adquiríu en ARCO 15 novas obras para os seus fondos

O Centro investiu 90.000 euros nas compras

Traballos dos galegos Rubén Santiago, Álvaro Negro e Diego Santomé, do catalán Efrén Álvarez, do vasco Asier Mendizábal e mais de Artur Barrio, Erick Beltrán, Rui Chafes e Hamish Fulton súmanse aos fondos do Centro Galego de Arte Contemporánea. O CGAC adquiriu na feira ARCO un total de quince novas obras de diferentes formatos en nove galerías, investindo un total de 90.000 euros na incorporación de novos fondos. As compras deberán ser ratificadas pola Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, e cubren o compromiso anual do Centro coa Fundación ARCO de adquirir obras por un mínimo de 90.000 euros cada ano neste evento.