O humor absurdo abre a programación do MARCO para este 2010

A fotografía ocupará un espazo relevante con Cándida Höfer e Virxilio Viéitez

14/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

David Arlandis e Javier Marroquí son os comisario de Cousas que só un artista pode facer, un proxecto que estuda a presenza do humor na arte actual, e que fixa a súa atención na aparición de certas actitudes artísticas nas que o humor se manifesta dun xeito próximo ao absurdo. Canda esta, a liña de exposicións individuais Candida Höfer, unha das máis importantes representantes da Escola de Düsseldorf, no que será a primeira retrospectiva en España desta artista que levará o título Projects: Done. A segunda gran exposición individual do ano tamén será de fotografía. Nesta ocasión centrará a mirada en Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes, 1930 - Pontevedra, 2008) que permitirá sacar á luz un importante arquivo familiar que gardaba a totalidade da súa produción.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

21/10/2010

A ollada humilde

O MARCO redescubre a Virxilio Viéitez, o fotógrafo que dignificou o cotiá

01/03/2010

Proxecto Höfer

O MARCO exhibe a obra de Candida Höfer, a fotógrafa do espazo público

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Virxilio, Fotografía, Exposicións...