Proxecto Höfer

O MARCO exhibe a obra de Candida Höfer, a fotógrafa do espazo público

1/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Flipper, 1973.Xelatina de prata © Candida Höfer / VG Bild-Kunst, Bonn 2010

Vaia por diante que Candida Höfer, unha das fotógrafas alemás máis destacadas da Escola de Dusseldorf, non considera que a exposición que se pode ver no MARCO sexa unha retrospectiva. E iso que escolma obras de entre 1968 e 2008. Para ela é máis unha exposición sobre a arte de expoñer, sobre o proceso e sobre o contexto no que traballa. Höfer é moi coñecida pola súa faceta de fotógrafa do espazo público, pero un espazo baldeiro, sen xente, afastado do movimento e ruido que lle é inherente pola súa propia condición de lugar público. Projects: Done, que se pode ver no MARCO ata o 23 de maio, é a primeira parte da visita que Höfer fai a Galicia. A segunda é para producir, por encargo do Xacobeo, unha reportaxe fotográfica a través de arquivos e bibliotecas de Galicia na que participarán outros autores (Andreas Gursky, Axel Hütte, Thomas Ruff e Thomas Struth) e que dará pé a outra exposición de gran formato.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Bibliotecas, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)