Caixa Galicia achégalle 2,4 millóns de euros ao Xacobeo

A entidade desenvolverá tamén estudos sobre o impacto económico desta celebración

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A celebración do Xacobeo 2010 contará con 2,4 millóns de euros achegados pola Obra Social de Caixa Galicia, o dobre do que esta entidade destinara ao Xacobeo no 2004. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, asinaba esta mañá un convenio co presidente desta entidade, Xosé Luís Méndez, con este fin. A achega de Caixa Galicia verificarase na forma de diferentes actividades culturais, entre as que destaca o apartado expositivo. Alén das mostras xa abertas (Ruth Matilda Anderson ou Maruja Mallo), destaca as que lle dedicarán de Luis Seoane e Gonzalo Torrente Ballester. Ao tempo, a entidade financiará un estudo sobre o impacto académico do Xacobeo na Sociedade Galega e unha análise sobre as industrias culturais galegas.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Caixa Galicia, Gonzalo Torrente Ballester, Maruja Mallo...