Juan Tallón faise co XXXV Certame de Narración Breve Modesto R. Figueirido

Esta fin de semana falláronse tamén o de Micronovela de Soutomaior e o Díaz Jácome

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Esta fin de semana falláronse o certame de narrativa breve Modesto Rodríguez Figueirido, o II certame de Micronovela de Soutomaior e o X Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores. O primeiro, organizado pola Fundación Pedrón de Ouro e o concello de Arzúa foi a parar ao xornalista ourensán Juan Tallón. O de micronovela, dotado con 3.000 euros e a edición do texto por Xerais, foi para José Ignacio Silva Regueira. Por último, Rocío Leira Castro fíxose co premio Díaz Jácome pola súa obra O blues dos fonambulistas.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Juan Tallón, Rocío Leira, Rocío Leira, Ouro...