María Bouzas e Xavier Villaverde comparten o premio Chano Piñeiro

O xurado concedeu dous premios de Honra aos finados Carlos Velo e José Luis Cabo

A actriz María Bouzas e ao realizador Xavier Villaverde acaban de ser galardoados, “ex-aequo”, co IV premio Chano Piñeiro que concede a Secretaría Xeral de Medios a profesionais que traballan a prol do audiovisual galego. O xurado recoñeceu a dilatada traxectoria profesional dos dous profesionais que recollerán os seus premios mañá no Salón Teatro de Santiago. Ademais, a proposta de Alfonso Cabaleiro, presidente do xurado, concedéronse dous premios de honra a Carlos Velo e José Luis Cabo Villaverde: “dous persoeiros xa ausentes pero sempre na memoria de todos os galegos vinculados co medio audiovisual”, segundo di a nota de prensa.