Galaxia fai parte do Proxecto Enclave que dixitalizará obras suxeitas a dereitos de autor

A iniciativa porá na rede 1.350 obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A literatura súbese á rede (e con dereitos de autor). Mentres se popularizan os diferentes dispositivos de libros electrónicos, os responsables do Ministerio de Cultura, a Federación de Gremios de Editores de España e a Biblioteca Nacional xuntaron as súas mans para presentar o Proxecto Enclave. Unha iniciativa que permite que os usuarios rexistrados poidan aceder á ficha, índices e logo mercar o texto completo de 1.350 obras. Un proxecto no que participa a Editorial Galaxia que achegará 20 títulos con obras de Otero Pedrayo, Blanco Amor, Fole, Risco, Cunqueiro, García Sabell e Francisco Fernández del Riego.

Tal e como figura no blog de Galaxia, esta iniciativa acompaña aos primeiros e-Books que a editora presentou en novembro, e que ten previsto completar “con 50 títulos antes de fin de ano para ir introducindo pouco a pouco o resto da totalidade do seu catálogo editorial”.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Galaxia chega ao eBook

Galaxia chega ao eBook

A editora verterá o seu catálogo a este formato logo dun acordo con Publidisa

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Fernández del Riego, Editores, Literatura, Federación de Gremios de Editores...