Este mesmo mes, a Real Academia Galega elixirá o substituto de Xosé Ramón Barreiro á súa fronte. Logo dos oito anos de mandato regulamentar, un novo nome pasará a presidir unha das institucións fundamentais na nosa cultura. Explicámosche polo miúdo os pasos deste proceso que está a erguer unha grande poeira mediática.
Segundo explica Xosé Luís Axeitos, arquiveiro da institución e un dos maiores coñecedores da historia da RAG, neste mesmo mes vai haber un plenario. Nel producirase o cese do actual presidente e abrirase un período máximo de tres meses ata a elección. Será neste tempo onde se lle proporán as candidaturas ao secretario, máximo responsable da institución entre mandatos. Normalmente non se esgota ese prazo porque non é bo que haxa unha interinidade tan longa, advirte Axeitos. Á hora de propor as candidaturas, estas non xorden dos propios aspirantes a levar as rédeas da institución, senón que son presentadas por tres membros da Academia. Os candidatos preséntanlles depois ao plenario os nomes dos académicos que comporán con eles a Comisión Executiva: un secretario, un tesoureiro, un arquiveiro-bibliotecario e mais un vicesecretario.
As atribucións
Para alén de presidir as xuntas e reunións da Academia, os presidentes da RAG encárganse de representar publicamente a institución en todo tipo de eventos e encontros institucionais. Para alén, como é obvio, os que ocupan este cargo deixan a súa pegada na entidade, promovendo determinadas liñas de investigación ou priorizando cuestións na axenda da mesma. No entanto, polo xeral a acción desta institución desenvólvese buscando un consenso xeral entre os seus membros.
O consenso
Segundo lembra Axeitos, ata o de agora nunca se presentou máis dun nome á elección. Se hai consenso só debe haber unha candidatura. Ata o de agora foi sempre por consenso, non coñezo ningún período no que houbese máis dun candidato, aínda que os estatutos, por suposto, permíteno. De feito, mesmo contemplan a posibilidade de que ningunha candidatura obteña a maioría absoluta na votación secreta do plenario. Nese caso, habería unha segunda rolda de votos entre os dous candidatos máis votados na que se designaría o gañador por maioría simple. De empataren, repetiríase a votación, e se aínda persiste a igualdade, escóllese o candidato con maior antigüidade como académico.
Relevos históricos
O consenso na RAG á hora de escoller presidentes ten unha longa historia. Polo xeral o perfil dos mesmos foise axeitando aos diferentes períodos históricos e prioridades para a nosa cultura. No caso de Murguía, o primeiro presidente, foron directamente os promotores da Academia, desde América, que o escolleron, lembra Axeitos. Ata o ano 23 toda a primeira estapa académica a ocupou a súa figura. Logo del colleu a presidencia Martínez Salazar, que estivera sempre ao seu pé. Ponte Blanco completou unha etapa na que a Academia estivo fondamente vencellada ao Rexionalismo. Foi con Lugrís que chegou á presidencia a sensibilidade das Irmandades da Fala ou do Seminario de Estudos Galegos. Hai aí unha inspiración politicamente máis nacionalista.
Mandatos de supervivencia
O Franquismo e a represión subseguinte deixáronse sentir tamén no devir da RAG e nas actuacións dos seus presidentes. Nese período deixouse sentir a presidencia de Casás, que dalgún xeito salvou a Academia dese proceso represivo. Precisamente, con vistas á evitar a eliminación desta institucións foi que baixo o seu mandato se lle outorgou a Franco o título de Presidente de Honra da institución. Malia a todos os problemas, débeselle recoñecer que conseguise manter a Academia. A partir de aí hai un período tenso, e con pouca actividade en todos os sentidos. Foi unha etapa de hibernación que durou demasiados anos. Con Martínez Barbeito, recuperou un pouco de actividade, pero con García-Sabell voltou decaer e deixou o protagonismo cultural galego nas mans do grupo Galaxia.
Resurrección
Malia a que a Lei de Normalización de 1983 lle outorgou á institución potestades sobre a normativa do galego, non sería ata a presidencia de Fernández del Riego, logo de 1997, que a Academia recuperaría pulso. Houbo unha dinamización e unha actividade que se manteñen ata hoxe. A presidencia de Barreiro consolidou o que Del Riego comezara timidamente. Avanzouse nunha grande presenza social, con reivindicacións sobre a lingua, unha reivindicación do papel da institución e actos importantes, lembra Axeitos.
Causas de evolución
Pode resultar curioso que, en sendo as eleccións tan consensuadas, se teñan producido mudanzas importantes en etapas concretas da RAG. En moitos casos é un cambio sucesivo no perfil dos membros. Nos anos trinta a viraxe cara ao nacionalismo foi unha viraxe importante, pero veu acompañada da incorporación de Vilar Ponte, de Castelao ou de Otero Pedrayo nos anos 20. Son esas incorporacións as que marcan os horizontes da mudanza, lembra o arquiveiro da institución. Con Fernández del Riego, por exemplo, viuse que dinamizou moito, animou a moita xente que aínda non tomara posesión a que se incorporase á Academia. Era un galeguista histórico, con moito prestixio e o carisma que tiña nese momento tamén axudou a que asumise a presidencia.
Actualidade
Dentro das mudanzas, tivo unha grande importancia a renovación dos estatudos do ano 2000, que limitaron os mandatos nos cargos executivos, ata o de entón vitalicios, a un período de catro anos que só se pode anovar unha vez. Oito anos son período abondo para executar un programa. A perpetuidade dos cargos non era positiva, e posiblemente esa mudanza fose a clave dos novos estatutos, explica Axeitos. De cara ao futuro da institucións, o arquiveiro destaca que agora mesmo hai unanimidade total e absoluta en que esta é a liña a seguir. Moi poucos cambios vai haber nese sentido. Penso que hoxe hai afortunadamente unha grande unanimidade, e esa continuidade é unha das grandes pancas que ten a academia.