Algo máis de vinte conferencias, mesas redondas e intervencións encol do problema lingüÃstico en Galicia. Esta é a proposta de Ecolingua 2009, un simposio no que preto de cincuenta especialistas debaterán sobre situación do galego ou modelos internacionais de convivencia lingüÃstica. Entre os participantes atópanse representantes de entidades coma a Real Academia, a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, as universidades galegas, os partidos polÃticos ou o Consello da Cultura. Do mesmo xeito, unha mesa redonda reunirá membros de diferentes plataformas a prol do galego con representantes de Galicia Bilingüe. O anuncio deste encontro, organizado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), coincide coa publicación de diferentes informacións que denuncian os prexuÃzos da derrogación do Decreto de Galequización do Ensino. Tanto a Coordinadora de Equipos de Normalización LingüÃstica, coma Henrique Monteagudo, do Consello da Cultura, ou Fran Rei, da Mesa pola Normalización, advertiron dos riscos para a lingua de eliminar esta norma.
Programa de Ecolingua.