A mostra Galicia 25. Unha cultura para un novo século visita A Coruña ata xaneiro

O Palacio de Congresos e Exposicións acolle a mostra que conmemora o aniversario do Consello da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A grande exposición que conmemora o cuarto de século do Consello da Cultura Galega (CCG) visita A Coruña. O Palacio de Congresos e Exposicións -Palexco- acolle esta tarde a inauguración da mostra, que amosa a evolución do país en diferentes ámbitos coma a arquitectura, a arte, a industria e o deseño ou o libro mediante vinte e cinco módulos temáticos. O proxecto foi realizado polo CCG en colaboración con Caixanova e visitou xa Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense e Lugo. Na Coruña poderá verse ata o vindeiro 31 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Exposicións, Arquitectura, Consello da Cultura Galega...