Abre a mostra 25 anos de cultura galega. Unha cultura para un novo século

O Consello da Cultura celebra hoxe o seu pleno en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Centro Social Caixanova de Vigo acolle ás oito desta tarde a inauguración da mostra 25 anos de cultura galega. Unha cultura para un novo século. A estera desta iniciativa, coordinada polo Consello da Cultura e mais Caixanova, contará coa presenza de Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura o presidentes do Consello da Cultura e de Caixanova, Ramón Villares e Julio Fernández Gayoso, respectivamente, e Victor F. Freixanes, un dos comisarios. A coincidir con este evento, o Pleno do Consello da Cultura Galega reunirase en Vigo nas dependencias do Pazo de San Roque ás 17 horas. A mostra poderá verse na Cidade Olívica ata o vindeiro 30 de novembro, e partir de mañá unha versión web permitirá coñecer os seus contidos neste mesmo portal.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Caixanova, Ramón Villares, Emilio Pérez Touriño...