O Consello da Cultura e Caixanova repasan 25 anos de cultura nunha mostra itinerante

Galicia 25. Unha cultura para un novo século percorre o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
noticia 13071

noticia 13071

Galicia 25. Unha cultura para un novo século. Consello da Cultura Galega-1983-2008 é o título da mostra que esta mañá se presentaba na Sede Central de Caixanova, en Vigo. A exposición consta de 25 módulos que amosan a evolución cultural do país en diversos ámbitos ao longo do último cuarto de século. Segundo explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, "non é un inventario, senón un balance de 25 anos de cultura e unha incitación para se proxectar cara ao século XXI". Pola súa banda, Xulio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova, apuntou que o proxecto supón "un fito histórico" e apuntou que se trata "dun dos contidos máis importantes que nunca acolleu Caixanova". Logo da súa estadía en Vigo entre o 1 de outubro e o 31 de novembro deste ano, a mostra iniciará un percorrido por diferente localidades galegas. Fernández amosou tamén o seu interese en que o proxecto visite diferentes cidades do norte portugués. Na inauguración tamén estiveron presentes Iago Seara e Víctor Freixanes, comisarios da iniciativa.

Na súa alocución durante o acto, Ramón Villares incidiu en que a iniciativa supón "un exemplo de colaboración", xa que conta coa participación das consellarías de Presidencia e de Cultura, ademais do Consello e de Caixanova. A mostra fai parte dos actos de celebración dos vinte e cinco anos do Consello da Cultura que se están a celebrar ao longo deste 2008.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Consello da Cultura Galega, Vigo, Ramón Villares...

Claves

Conceptos
Lugares