Stephen Hawking inicia a súa visita a Galicia

O físico recollerá sábado o Premio Fonseca

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Stephen Hawking

Stephen Hawking

Unha apretada axenda agarda ao físico Stephen Hawking, que chega hoxe a Compostela a facer un pequeno tramo do Camiño de Santiago. Esta mesma tarde acudirá á inauguración dunha placa que conmemora a súa visita na capital, e ao longo desta semana desenvolverá unha charla con investigadores da Universidade de Santiago e un encontro cos medios (mércores), presentará o seu último libro A clave secreta do universo (venres) e participará en diversas actividades. O colofón á súa estadía será sábado coa entrega do premio Fonseca 2008 no Palacio de Congresos de Exposicións de Galicia.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Camiño de Santiago, Santiago de Compostela