Jorge Mira traduce a 'Breve Historia do tempo' de Hawking ao galego

O libro está publicado polo Servizo de Publicacións da USC

18/9/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: lingualiteraturaCiencia
32 lecturas | Compartido 0 veces

Capa do libro

A Colección Clásicos do Pensamento Universal da Universidade de Santiago ven de dar un paso importante incorporando á lingua galega un dos textos fundamentais da ciencia de todos os tempos, que foi, ademais, un dos célebres super vendas do século XX. Apenas seis meses despois da morte do seu autor a USC publica Unha breve historia do tempo, de Stephen Hawking, a biografía do universo que moveu o mundo da ciencia contemporáneo cando se publicou en 1988. O físico, profesor e divulgador Jorge Mira foi o encargado da tradución dunha obra na que Stephen Hawking senta as bases do que habería de ser a divulgación científica para centos de libros posteriores, tanto polo estilo e a ousadía de escribir nunha linguaxe accesible sobre conceptos moi abstractos da física de fronteira como polo sinal que deixou sobre moitos outros físicos profesionais. O tamén físico Jose Edelstein foi o encargado de prologar esta tradución que xa está a venda desde o pasado día 10.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
USC