Pontevedra repensa o audiovisual galego cando se cumpren vinte anos do seu nacemento

As xornadas desenvólvense hoxe e mañá na Facultade de Ciencias Sociais

1/12/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Continental, Urxa e Sempre Xonxa son os tres títulos que marcaron o nacemento do que se chama audiovisual galego. E os tres coincidiron no tempo, en 1989, no marco do que lle chamou Cinegalicia. Agora, a Secretaría Xeral de Comunicación e a Universidade de Vigo queren homenaxear aquel momento cunhas xornadas que conservan o mesmo nome, Cinegalicia, e que comezan hoxe en Pontevedra. A diferenza do que aconteceu hai vinte anos, agora non se estrearán películas, senón que se reflexionará sobre os acertos, desacertos, retos e oportunidades que ten o sector.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Universidade de Vigo, Vigo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)