A Xunta recupera Cinegalicia e lembra os vinte anos de cine galego

As xornadas tamén debaterán sobre os cambios no audiovisual das últimas décadas

20/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

1989 foi un ano clave para o audiovisual galego. No marco da mostra Cinegalicia estreáronse as tres primeiras longametraxes galegas de ficción Continental (Xavier Villaverde, 1989), Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) e Urxa (Alfredo Gª Pinal e Carlos A.L.Piñeiro, 1989). Por iso, agora que se cumpren vinte anos do acontecemento, a Xunta recupera Cinegalicia co formato de xornadas de reflexión e debate sobre os cambios experimentados no cine galego durante as últimas dúas décadas. A cita terá lugar en Pontevedra os dous primeiros días de decembro.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

15/01/2002

Xavier Villaverde: ''un país coma Galicia está condenado a desaparecer se non ten unha imaxe propia''

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xavier Villaverde, Chano Piñeiro, Pontevedra...