Cantándolle ás estrelas

Un libro compila contos de todo o mundo cos astros como protagonistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Portada do libro "Contos de estrelas"

Portada do libro "Contos de estrelas"

Este é o Ano Internacional da Astronomía. Unha efeméride que o Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia (CSIC) e a Universidade de Vigo, xunto con outras entidades, non quixeron que pasara desapercibido entre os máis pequenos. Nesa obxectivo, acaban de presentar o proxecto doble Contos e coplas de estrelas. Dunha banda, a tradución ao galego do libro de Rosa María Ros que complia 14 contos de todo o mundo nos que as estrelas son as protagonistas (cada relato acompáñase dunha sinxela explicación científica). Da outar, un Coplas de Estrelas, un CD que recolle 10 coplas tradicionais galegas que fan referencia aos astros, as estrelas e o cosmos. Este último traballo inclúe un libreto coas letras das coplas e explicacións científicas sobre os temas das cancións.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Tradución, CSIC, Universidade de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares