A Xunta baralla un decreto no que o galego se reduza a un terzo das materias

Entre as novidades, tamén se establece unha porcentaxe obrigatoria para o inglés

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

A presenza do galego no ensino será inferior ao cincuenta por cento das materias (porcentaxe que regula o Plan Xeral de Normalización aprobado por unanimidade en 2004) e, segundo publica hoxe Xornal de Galicia, reducirase a un terzo. As fontes consultadas por este xornal indican que a consellaría de Educación está a traballar no horizonte de establecer un 33% das materias en galego que xa se implantou en 2005, e unha porcentaxe similar para o inglés. Ademais, este mesmo xornal asegura que Educación volvería deixar en mans de cada colexio o cumprimento do Plan Xeral de Normalización.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación, Ensino, Lingua galega

Claves

Lugares