Educación contempla a posibilidade de modificar o Plan de Normalización

A norma fora aprobada por unanimidade no Parlamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, recoñeceu onte que non descarta a posibilidade de que se modifique o plan Xeral de Normalización Lingüística. Segundo el, o texto que o Parlamento aprobou por unanimidade en 2004 "é un plan de traballo suxeito a posibles adaptacións". Ademais, acusou a PSOE e BNG de "terxiversar" o apoio do PP a este texto para elaborar un decreto de galego no ensino baseado na "imposición". Ao tempo, Vázquez apuntou que o seu partido respectará a Lei de Normalización Lingüística "mentres non sexa derrogada", segundo recolle Galicia Hoxe.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Lei de Normalización Lingüística, Galicia Hoxe, PSOE...