A saúde do galego no ensino é, segundo a Consellaría de Educación, bastante bo. Este departamento anunciou que, segundo os seus datos, o 91,74% dos centros emprega o galego nas materias en que é obrigatorio. É na Coruña onde se dá un menor cumprimento desta normativa, onde a cifra que dá Educación é do 89,88%. Estes datos foron contestados desde o BNG, partido que salienta que uns 120 centros incumpren a lei neste sentido.
Máis información en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos
