As cidades ilustradas de David Pintor premiadas en Francia como mellor libro de viaxes

Por vez primeira un autor español consegue o prestixioso premio Michelin

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O ilustrador coruñés David Pintor- "Pinto"- obtivo recentemente o Gran Prix Michelin da Bienal de Cadernos de Viaxe da cidade francesa de Clermont Ferrand polo seu libro Ciudades de Papel, publicado no mes de abril por , ha sido consider. A obra, con texto en castelán, obtén o galardón detinado á mellor obra sobre viaxes do 2009. Na misma categoría competían, xunto ao debuxante coruñés, outros doce autores galos. É a primeira vez que un autor español faise con este galardón, un dos mellor considerados en toda Europa sobre a temática de cadernos de viaxe. O percorrido visual de Ciudades de Papel comeza en Finisterre e vai pasando por distintos puntos da xeografía española e europea, finalizando o seu periplo en Nova York. Trinta e seis ilustracións compoñen esta obra que conta tamén cunha exposición itinerante que xa pasou pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester e Galería Sargadelos de Ferrol.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francia, Gonzalo Torrente Ballester, Xeografía, Galería...