O Tribunal Supremo rexeita que os pais poidan escoller a lingua do ensino

A sentenza nega que o castelán estea discriminado no ensino do noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Os pais non poden elixir o idioma no que estudan os seus fillos. O Tribunal Supremo expón este argumento entre outros para non admitir o recurso que presentou unha familia de Vigo para reclamar que o seu fillo non tivese clases en galego. O alto tribunal sinala que a liberdade de elección "conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua". A sentencia nega tamén que exista discriminación por razón de lingua contra os recorrentes, e mesmo indica que "a discriminación produciríase precisamente no caso de que a Administración autorizase o pretendido polo recorrente".

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Tribunal Supremo, Vigo

Claves

Entidades
Lugares