Cultura declara BIC o Castro de Troña

Foi un dos primeiros asentamentos castrexos en acometer labores de restauración e posta en valor

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Castro de Trona

Castro de Trona

É un dos castros máis antigos de Galicia pero tamén dos menos coñecidos e, desde o martes é Ben de Interese Cultural na categoría de monumento. O Castro de Troña foi un dos primeiros asentamentos castrexos en que se levaron a cabo tarefas de restauración e posta en valor na comunidade galega e comezou a ser investigado nos anos vinte. Está datado entre o século VI a.C. e o I d.C., e sábese que foi abandonado paulatinamente a finais do século I d.C. con probabilidades de ter sido ocupado de xeito residual con posterioridade. As escavacións realizadas nos anos oitenta indicaron, tal e como figura no anuncio no DOG, “un certo proto-urbanismo ou ordenamento a través de lousados, canles de desaugamento ou vivendas con vestíbulo”.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural

Claves