Espazo Atlántica perfílase como o gran escaparate da arte galega e portuguesa

Purificación García encargarase de facer un espazo VIP para a coleccionistas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Para que esa feira sexa viable, necesitamos todo o noso potencial de institucións, galerías e todas as entidades porque pode ser un punto de inflexión para a arte galega”. Así de claro fala David Barro, director de Espazo Atlántico, a feira de arte contemporánea que se desenvolverá en Vigo no mes de xaneiro, e que está sorprendendo pola recepción que está a ter a convocatoria. A Xunta, o concello de Vigo, Caixanova, a Asociación de Galerías Galegas, todas as entidades directamente relacionadas coa arte en Galicia están a facer un esforzo destacado para acudir a este evento “e non só as galegas, senón moitas galerías portuguesas (Filomena Soares, Pedro Cera, Pedro Oliveira) que están cambiando a súa estratexia e en lugar de ir a ARCO apostan por este espazo pequeno”, afirma Barro. Ademais, como todas as grandes feiras, Espazo Atlántica tamén terá o seu espazo VIP, do que se encargará a deseñadora galega Purificación García (que conta cunha fundación cun destacado premio de fotografía).

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Galicia xa ten o seu ARCO

Galicia xa ten o seu ARCO

Empeza Espazo Atlántico co obxectivo de converterse na referencia da arte contemporánea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, David Barro, Fotografía, Concello de Vigo...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares