Cultura financiará a tradución de 9 obras para a Biblioteca Virtual dos Tradutores

A medida chega despois de que se suspendesen as axudas ás editoras neste campo

A Asociación de Tradutores Galegos, unha das dúas que agrupan este colectivo no noso país, asinaba esta mañá un convenio coa Consellaría de Cultura. Polo mesmo, o organismo autonómico comprométese a financiar con 15.000 euros a tradución de nove títulos ao noso idioma de cara á súa publicación na Biblioteca Virtual que mantén o colectivo, de onde se poderán descargar de balde. Este acordo chega despois que de a Consellaría non convocase as axudas á tradución para editoriais este ano.

En concreto, o convenio prevé que haxa versións en galego de La croisade des enfants de Marcel Schwob, O destino de Wladysaw St. Reymont, Cadernos de darwinismo de Antonio Bracinha Vieira, Über Sprache úberhaupt und úber die Sprache de Menschen de Walter Benjamin, Carmilla de John Sheridan Le Fanu, O almofadón de plumas de Horacio Quiroga, Yam-Vari Perrot de Goulc’han Kervella, Lord Jim de Joseph Conrad e Peter Pan nos xardíns de Kensington de James Mathew Barrie.