As axudas á tradución para 2011 baixan unha terceira parte

Cultura investirá 200.000 euros neste campo entre 2011 e 2012

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O apoio público á tradución de obras desde e para o galego baixa un terzo en 2011. A Consellaría de Cultura publicaba onte no Diario Oficial a convocatoria pola que se achegan 200.000 euros para este fin, que se repartirán en dúas anualidades, entre este ano e 2012. A cifra contrasta cos 300.000 que se investiron na anterior convocatoria. As axudas cubrirán entre o 50% e o 75% do importe da tradución, ata a un máximo de 6.000 euros. Na convocatoria préstase especial atención a apoiar obras de interese cultural vencelladas a aniversarios e centenarios que se celebren no período sinalado.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Lingua galega

Claves