A Xunta mantén a contía das axudas á tradución

As editoriais poden solicitalas ata o 28 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O apoio da Xunta de Galicia á tradución de obras desde e para o galego mantense un ano máis en 200.000 euros. O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado venres a convocatoria destas axudas, que apoian a tradución de obras literarias desde e para a nosa a lingua. En concreto, a partida distribúese nun 60 por cento para traer ao galego traballos foráneos e o 40 por cento restante irá a levar a outros idiomas traballos publicados orixinalmente no noso. Poden presentarse a esta convocatoria ata o vindeiro 28 de marzo aquelas entidades que acrediten a súa condición de editoras, que poderán recibir ata un máximo de 6.000 euros por proxecto.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Xunta de Galicia, Lingua galega

Claves

Entidades