A Xunta presenta a súa campaña publicitaria en Google para promover o Xacobeo

Co Streetview poderase facer unha visita virtual do Camiño Francés

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

O obxectivo é claro: promover o Xacobeo 2010 como destino de forma global e facelo a través da rede. Para iso, a Xunta contratou unha campaña con Google que lle permitirá ter anuncios destacados no buscador, a inclusión de enlaces patrocinados, a creación dunha canle específica no portal de vídeos Youtube. Canda estas actividades promocionais, ofrecerase ao usuario a posibilidade de facer o trazado francés do Camiño de Santiago de xeito virtual. Isto será posible grazas ao Google Streetview que ofrecerá imaxes a pé de rúa de todo o Camiño Francés. Ademais, dentro da campaña contratada, haberá miniaplicacións que poderán ser descargadas para realizar rutas, percorridos e visitas virtuais.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Sen Camiño en Internet

Sen Camiño en Internet

Ningún web institucional achega información detallada sobre os Roteiros Xacobeos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Google, Xacobeo, Camiño Francés, Camiño de Santiago