O Pérez Parallé de Poesía vai para Ramón Nieto

A estación única dunha illa é o titulo premiado neste certame

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O arousán Ramón Nieto Otero fíxose co premio de poesía Xosé María Pérez Parallé na súa XXII Edición. A súa obra A estación única dunha illa foi seleccionada polo xurado para ser publicada na colección Espiral Maior. A entrega do galardón, organizado polo Círculo Mercantil e Industrial Unidade, de Fene, desenvolverase o vindeiro día 21 as oito da tarde, e inclúe unha actuación do grupo Son+D2. Segundo explica o autor, o libro "busca a conxunción entre a creatividade e a vida anterior e mais todo o que nos rodea".

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Xosé María Pérez Parallé, Espiral Maior, Fene

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares