Iconas das cidades

Combarro reflexiona no MARCO sobre a transformación de Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Vista do proxecto "Obra negra" no Espazo Anexo do Marco

Vista do proxecto "Obra negra" no Espazo Anexo do Marco

Cando en México se fala de "Obra negra" todo o mundo sabe xa que se trata de espazos ou estruturas en construcións. E ese é o concepto sobre o que traballa Nicolás Combarro (A Coruña, 1979) no marco do proxecto "Punto de encontro" que organiza o MARCO para darlle cabida a propostas que nacen fóra dos límites físicos do museo. Neste caso, Combarro reconstrúe no espazo anexo do museo unha instalación que pretende representar á Panificadora de Vigo. Válese dela para iniciar a través dela unha discusión conceptual sobre a existencia e repercusión dunha construción que se acaba convertendo nunha icona da cidade, así como do seu proceso de transformación. Ademais, Combarro pretende reorientar a ollada do espectador sobre esta icona a partir dunha serie de fotografías e dun video, que se insiren na súa liña habitual de traballo.

Que che parece esta nova?
13 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Puntos de encontro (II)

Puntos de encontro (II)

O MARCO recolle a proposta de Manuel Eirís na súa reflexión sobre a cidade contemporánea

Puntos de encontro

Puntos de encontro

Pedro Barateiro abre no MARCO un ciclo expositivo que reflexiona sobre as cidades actuais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Combarro, México, A Coruña, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)