O filme de Michael Haneke, A cinta branca, abre a XXIII edición de Cineuropa

Mabel Rivera e Fernando Trueba recibirán os premios Cineuropa

2/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As películas do festival de Cannes, da Seminci.. e todas aquelas que nunca chegarán as carteleiras de Galicia. Cineuropa é, en palabras do seu director, Jose Luis Losa, un “festival de festivais” pero tamén o encontro que permite contemplar o que se está facer noutras cinematografías. O festival comezará o vindeiro mércores con A cinta branca de Michael Haneke, ao que seguirán 160 filmes, dos que un centenar serán estreas. Cineuropa continuará coa súa fórmula habitual, na que o público selecciona os mellores traballos da sección oficial. Canda ela, retrospectivas (Arnaud Despechin e Claire Denis), maratón, película sorpresa e os premios Cineuropa que este ano renden homenaxe a Fernando Trueba e a Mabel Rivera. Entre as novidades, haberá unha festa na Sala Capitol o día 11 que complementa a sección doc-music.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

04/11/2009

A cita ineludible

Cineuropa arrinca reivindicando o seu potencial como gran festival de Galicia

03/11/2008

As imprescindibles

O director de Cineuropa, José Luis Losa, selecciona os filmes que non te debes perder

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cineuropa, Mabel Rivera, Sala Capitol, Cannes

Claves

Protagonistas
Lugares