A Radio Eslovena adapta unha BD de Antonio Seijas

A versión sonora de Un home feliz poderá escoitarse o vindeiro 5 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Primeiro foi o Premio Castelao de Banda Deseñada. Despois o Premio do Público no Saló del Còmic de Barcelona de 2008. Agora, a BD Un home feliz, de Antonio Seijas, chega á Radio Eslovena. O programa ARS de Radio Slovenija emitirá o vindeiro 5 de novembro ás 22:05 unha adaptación sonora desta obra. Segundo o autor, o programa achégase con grande fidelidade a obra empregando actores, efectos sonoros e música, e pode seguirse perfectamente a historia lendo o cómic mentres se escoita o programa, malia a estar en esloveno.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Seijas, Castelao, Premio Castelao de Banda Deseñada, Cómic...