"Retranca", Antonio Seijas e Alberto Vázquez, premios populares do Saló del Còmic

Recoñecemento popular

19/4/2008 | Barcelona. Xermán Hermida | Seccións: Arte
Compartir:

Malia a que o xurado oficial non recoñeceu a banda deseñada galega nesta edición, os nosos autores e iniciativas non voltan de baleiro do Saló del Còmic que se está a celebrar estes días en Barcelona. As votacións populares outorgáronlle a "Retranca", dirixida por Kiko da Silva, o premio á mellor revista de 2007. Antonio Seijas, co álbum "Un home feliz" co que xa gañara o Premio Castelao, foi recoñecido desta volta co premio popular ao mellor guión, e Alberto Vázquez, aínda que quedou sen nada nas categorías oficiais, levou o recoñeceñemento do público ao mellor debuxo. Parabéns a todos os gañadores.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, Antonio Seijas, Retranca, Castelao...