Da novela ao podcast: Radiofusión versiona Un home estraño de Antonio Tizón

Emitirase entre o 15 e o 30 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Da novela ao podcast: Radiofusión versiona Un home estraño de Antonio Tizón

As antigas radionovelas hoxe son podcasts. E non é frecuente que obras da literatura galega trascendan do formato impreso á narración sonora da radio. Entre o 15 e o 30 de decembro Radio Fene Radiofusión emitirá os 13 episodios nos que foi dividida a novela Un home estraño, publicada por Antonio Tizón en 2018 e agora tamén adaptada por el. Con ela, Tizón gañou o VI Premio Cidade Centenaria de Ribeira. Trátase dunha novela negra ambientada en 1980, na que o inspector Xosé Sánchez Pereiro, protagonista das novelas negras de Tizón, investiga a morte dun arquitecto do concello da Coruña. A adaptación radiofónica está dirixida por Eugenia Sanmartín.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Tizón, Morte, Literatura, Concello da Coruña...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares